Datos do libro

PALABRAS PARA O NOSO TEMPO
XESÚS ALONSO MONTERO

  • Editora ALVARELLOS EDITORA
  • Materia ENSAIO
  • EAN 9788418567599
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 356
  • Tamaño 230x130x0 mm.
  • Data de lanzamento: 24/07/2024
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 23,50€

Sinopse


Este volume é quizais unha das obras máis singulares
da vizosa produción literaria de Xesús Alonso
Montero. Palabras para o noso tempo (Alvarellos
Editora, 2024) reúne unha mínima pero brillante
selección dos seus discursos, mantendo na
transcrición do texto o espírito ??iel da súa oratoria
orixinal. Un traballo que partiu de moitas horas
de gravación e transcrición a cargo de Carmen
Blanco Ramos, e do coidado da edición de
Olivia Rodríguez González. O autor a??irma ter
pronunciado, ao longo da súa dilatada vida, máis
de 5.000 discursos ante públicos ben diferentes.
Aquí presentamos quince destacadas intervencións
públicas. Por elas van pasando nomes inesquecibles
da nosa historia e das nosas Letras como Rosalía
de Castro, Isaac Díaz Pardo, Emilia Pardo Bazán,
Francisco Fernández del Riego, Borobó, Ramón
Piñeiro ou Xosé Neira Vilas. E tamén, como non,
o exilio, o antifranquismo, a defensa das clases populares
e a historia do comunismo europeo.
Como a??irma a profesora Olivia Rodríguez no seu
limiar, «esta obra é unha revalorización do pensamento
creativo da palabra e da súa conexión
co pensar, sentir e imaxinar (...). O principal obxectivo
da súa oratoria é a transmisión de coñecemento
para combater o silencio e o esquecemento,
impostos no pasado e banalizados no presente».

Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
PARECIA NÂO PISAR O CHÂO
18,00€ %
LINGUÍSTICA ESCREVE-SE COM A
20,00€ %
EL SECRETO ÚLTIMO DE LA REALIDAD
18,00€ %