Datos do libro

DICIONARIO DE AMULETOS GALEGOS
RAFAEL QUINTÍA PEREIRA

  • Editora AB ORIGINE
  • Materia ANTROPOLOXIA
  • Colección ANTROPOLOXIA
  • EAN 9788412541076
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 286
  • Tamaño 230x160x22 mm.
  • Peso 775 gr.
  • Data de lanzamento: 26/09/2024
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 25,00€

Sinopse

A presente obra, realizada dende unha perspectiva antropolóxica, ten por obxectivo inventariar e documentar a rica panoplia de amuletos, talismáns e obxectos de poder que, con fins apotropaicos, curativos ou favorecedores, foron e son usados na cultura popular galega. Ademais, esta escolma de obxectos fabulosos configura unha magnífica mostra do valioso patrimonio cultural inmaterial de Galicia e son, asemade, testemuño da cosmovisión do pobo galego.

Este dicionario tamén pretende dar conta da riqueza lingüistica que rodea o munda das crenzas máxico-relixiosas, recollendo as diferentes variantes dialectais e termos empregados en Galicia para referirse a todos estes obxectos protectores e sandadores, asi como esalmos, oracións e esconxuros; exemplos, tamén, do poder da palabra e da riqueza da lingua.

Dicionario de amuletos galegos é o resultado dun fondo de traballo de investigación etnográfica, de campo e bibliográfica, que o antropólogo Rafael Quintía vén levando a cabo nas dúas últimas décadas no eido das crenzas máxico-relixiosas e da etnomedicina galegas e que agora ve a luz nesta obra formulada como eminentemente práctica, de consulta e divulgativa.

Libros de interés da mesma colección
O ANTICONTO DA PEDRA DO CERVO
18,00€ %
SEGREDOS AO DESCUBERTO
18,00€ %
15,00€ %
HEICHAS CONTAR
20,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
33,10€ %
O CASTELO DO CASTRO DE MONTES E AS PARROQUIAS DESTA XURIS
25,00€ %
A MATANZA DO PORCO. CULTURA E TRADICION
25,00€ %
20,00€ %