Opcións
Sinopse
Atención, emerxencia: estamos a sufrir unha invasión silenciosa.
Ata 12 millóns de toneladas de plásticos van parar aos nosos océanos cada ano e afogan os ecosistemas, provocan danos á fauna e entran na cadea alimentaria.
Os protagonistas deste álbum informativo, Greta e Aldo, descubriron esta invasión e necesitan a nosa axuda. É o momento de pasar á acción !
Con este libro poderemos saber como chegou o plástico ás nosas casas hai 150 anos para facilitarnos o día a día, e como a produción desmedida e o consumo indiscriminado de produtos dun só uso está a xerar un perigoso monstro que acabará coa vida no noso planeta.