Datos do libro

FILLA DAS ONDAS
FINA CASLDERREY; XOSÉ COBAS

  • Editora KALANDRAKA
  • Materia NARRATIVA INFANTIL
  • Colección MAREMAR
  • EAN 9788413433431
  • Estado Disponible
  • Encadernación Cartoné
  • Páxinas 61
  • Tamaño 310x220x10 mm.
  • Peso 555 gr.
  • Data de lanzamento: 22/11/2024
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 20,00€

Sinopse

Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súas lendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura. 
Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia. Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena moi especial con quen percorre a cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible ou transportalo a través do espazo e do tempo para coñecer a historia da cidade e a moitos dos personaxes que a poboaron: Méndez Núñez, Benito Soto, Manuel Quiroga ou Castelao, entre outros. Pero Mariña garda un segredo, debe mollarse a cada pouco con auga salgada se non quere converterse en pedra, porque…
Fina Casalderrey, unha das escritoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega, galardoada co Premio Nacional de Literatura e candidata ao Premio Astrid Lindgren, achéganos a historia e o patrimonio da súa cidade natal dunha forma diferente e a través da mirada de asombro da infancia. Unha aventura divertida e trepidante, chea de intriga, que convida a locais ou visitantes a percorrer a cidade a través da súa historia. Un álbum que conta coas ilustracións do grande artista plástico Xosé Cobas, que recrean os diferentes espazos urbanos e nos convidan a viaxar no tempo.

Libros de interés da mesma colección
BATALLA DE NAIPES
15,00€ %
AQUILES O PUNTIÑO
16,50€ %
A BANDA DE VILACENDOI
13,00€ %
O NENO QUE APRENDEU A VOAR
15,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
A CANCIÓN DO CAMBIO
17,00€ %
A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS
24,90€ %
A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE
11,05€ %
A ARAÑA MAIS INTELIXENTE
18,00€ %