Opcións
Sinopse
Lúa é unha nena despistada e, segundo coidan os pais, desobediente. Raro é o día que non a castigan no cole. A hiperactividade que padece e ninguén lla detecta, impide que o seu maxín se centra nos estudos ou en cousas do cotián.
Porén, grazas á axuda dun paxaro que acaba de aterrar cabo dela e asegura chamarse don Tomás, a realidade, de aquí en diante, promete ser ben distinta. Vexamos, pois, como se desenrola a historia da Lúa e o paxaro.