Datos do libro

OS CONTIÑOS DE ANDREA DE AXEYRAS
ANDREA SUÁREZ BAQUERO

  • Editora TOXOSOUTOS, S.L.
  • Materia NARRATIVA INFANTIL
  • Colección CUCO REI
  • EAN 9788412962819
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 35
  • Tamaño 210x150x5 mm.
  • Peso 110 gr.
  • Data de lanzamento: 25/02/2025
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 12,00€

Sinopse

Alseida é unha fada que leva un mandil amarelo e botíns marróns. Durante o día danza entre as corredoiras tras as bolboretas e á noitiña dorme no oco dunha sobreira coa compaña do seu amigo gnomo e o gato da capela.

E....

Seguro que escoitastes falar das Perseidas. Cada verán, Vega e as irmás, espallando as súas melenas douradas, atravesan o ceo a unha velocidade tan meteórica que hai que prestar moita atención para ollalas e pedirlles unha arela.

Deseguido, imos emocionarnos coas aventuras de Antía e outras cunchiñas de vieira, que logo de invernar nun aparador, son descubertas por Lois, un mozo ao que lle gusta moito a música folk.

E....

Se a curiosidade vos conduce ao derradeiro conto, coñeceredes a un temesiño nobelo de la azul que habita nunha cesta de vimbio, entre as agullas de calcetar. Hai tempo que soña con percorrer mundo. Coidades que o acadará ?

Non perdades xamais a maxia do voso corazón.
Existe, sempre que creades nela.

Libros de interés da mesma colección
CUCO O AMIGO INVISÍBEL
12,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
A CANCIÓN DO CAMBIO
17,00€ %
A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS
24,90€ %
A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE
11,05€ %
A ARAÑA MAIS INTELIXENTE
18,00€ %