Opcións
Sinopse
A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucidides, foi reivindicada pola historiografia occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun " modelo occidental" da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE.UU., seguen defendendo este modelo.
Este libro analiza como se "racionaliza" a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.