Datos do libro

EXTRADICIÓN
ERICK FELES

  • Editora DOS ACORDES, S.L.
  • Materia ANTOLOXÍA MUSICAL
  • Colección VARIOS
  • EAN 9790805467221
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 96
  • Tamaño 310x210x5 mm.
  • Peso 305 gr.
  • Data de lanzamento: 16/01/2026
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 20,00€

Sinopse


Din que a terra non se posúe: pertence a quen a sente, a quen a traballa e a quen a lembra. O certo é que Erick Feles, venezolano de nacemento e galego de corazón, ten demostrado ao longo da súa traxectoria un fondo compromiso coa gaita de fol, co desexo de crear música pensada para este instrumento e, sobre todo, cun ideario sempre centrado na ampliación do xa extenso repertorio gaiteiril mediante novas técnicas e linguaxes.

Neste traballo poderán atoparse dende obras de nova creación que beben da música de raíz, tras unha análise exhaustiva dos estilos de Perfecto Feijóo descritos no Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro, entre outros estilos da música folclórica galega, así como a fusión dun alalá en estilo contrapuntístico a modo de fuga barroca.

Estamos, pois, ante unha das primeiras antoloxías musicais do autor, na que recolle obras de moi diversa índole: dende composicións propias, pasando por pezas inspiradas en estilos moi característicos, ata obras escritas en linguaxes tradicionalmente vencelladas á música erudita e fusionadas coa música de raíz folclórica.

Libros de interés da mesma colección
PROGRAMACIONES DIDÁCTICAS DE EDUCACIÓN MUSICAL CORRESPONDIENTES AL CUERPO DE MAESTROS
70,00€ %
CANTO ASTECA PARA VOZ E PIANO
10,00€ %
SEDE DE BELEZ... OBRAS PARA CORO
15,00€ %
JUGUETES.PIEZAS FACILES PARA PIANO
10,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos