Opcións
Sinopse
Logo do éxito de Ben vennas Maio, Pablo Sanmamed regresa con A
Estrela Mostrada,
un novo proxecto que volve iluminar o diálogo
entre a música
antiga e o jazz contemporáneo.
Inspirado nas cantigas da lírica galego
-
portuguesa e noutras
tradicións medievais
,
Sanmamed propón unha obra de sonoridades
actuais e
profundamente emocionais, onde o pasado resoa como
materia viva no presente.
O sexteto liderado por Sanmamed
ao
contrabaixo integra voces e
instrumentos que transcenden fronteiras: a salterista Begoña
Olavide, a cantante Elena
Tarrats, o violagambista Xurxo Varela, o
pianista Iago Mourinho e o percusionista Chus
Pazos. Xuntos crean
un universo sonoro singular, inmersivo e poético, no que a
improvisación e a memoria dialogan coa precisión da palabra e a
beleza das melodías
antigas.