Datos do libro

APRENDIZAXE COOPERATIVA NA UNIVERSIDADE E EN DIFERENTES CONTEXTOS
ALMUDENA ALONSO-FERREIRO;ISABEL MOCIÑO;BREOGÁN RIOBÓO;MARÍA AINOA ZABALDA

  • Editora UNIVERSIDADE DE VIGO
  • Materia INVESTIGACIONS
  • Colección MISCELANEA .SERIE DE TEXTOS MISCELANEOS
  • EAN 9788411880862
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 190
  • Tamaño 240x170x150 mm.
  • Peso 400 gr.
  • Data de lanzamento: 06/03/2026
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 12,00€

Sinopse

Unha boa parte do profesorado da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense, na Universidade de Vigo, leva un tempo transitando cara a metodoloxías alternativas, máis activas e participativas, na súa docencia universitaria. Este camiño comezou co deseño e posta en práctica dun proxecto piloto de innovación docente que buscou primeiro formar o profesorado para despois poñer en práctica, nas respectivas aulas universitarias, a aprendizaxe cooperativa como fío vertebrador de todas as titulacións de grao presentes na Facultade.
Tras afrontar este desafío, unha parte do profesorado que iniciou aquel camiño, xunto con outro de nova incorporación no centro e/ou no emprego da metodoloxía da aprendizaxe cooperativa, comparte as súas experiencias en materias de grao de distintas áreas de coñecemento.
Este volume presenta, por unha parte, unha achega histórica á contextualización da aprendizaxe cooperativa e, pola outra, as aportacións tanto de profesorado doutras universidades e niveis educativos, que contribuíron coas súas experiencias a enriquecer o proceso formativo do profesorado da nosa facultade, como as propias experiencias do profesorado da Facultade de Educación e Traballo Social, que achega o processo de aplicación da aprendizaxe cooperativa nas diferentes materias e graos universitarios nos que imparte docencia.
Con esta obra buscamos contribuír ao impulso das metodoloxías activas e, particularmente, da aprendizaxe cooperativa no ámbito da educación superior. Agardamos que estas experiencias sirvan de inspiración para outros profesionais e institucións académicas que queiran explorar vías de innovación docente que melloren o proceso de ensino-aprendizaxe.

Libros de interés da mesma colección
TRABAJO Y CAPITAL EN EL SIGLO XXI
9,00€ %
8,00€ %
ARQUITECTURA DE ORDENADORES
10,00€ %
NO FONDO DOS ESPELLOS 2015-2020
15,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
DEZA AUGUSTA
13,00€ %
?QUEN MANDA AQUI? O PODER NA HISTORIA DE GALICIA
12,00€ %
BREVE Hª DA TORRE DE HERCULES
10,00€ %
15,00€ %