Datos do libro

DEMOS NAS VERBAS
LOLÓ MOURELOS

  • Editora TOXOSOUTOS, S.L.
  • Materia POESIA
  • Colección NUME
  • EAN 9791399159219
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 155
  • Tamaño 200x130x10 mm.
  • Peso 200 gr.
  • Data de lanzamento: 13/03/2026
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 14,00€

Sinopse

Nesta obra van anacos da vida da autora e vivencias da súa contorna, a ferro ardente; máis que sentimentos espidos, son paixóns descarnadas; sen transitar nunca por camiños cómodos e doces, senón por vías feridas e que feren. Tantas veces expresando, desde unha ansía vital inmensa, o desexo da morte, como experiencia de vida común. O contraste vida e desexo de vida permanente, choca de xeito continuo coa realidade da morte, da dor, do sufrimento como tropezan un amor e un desamor levado aos extremos. Todo reflectindo unha vivencia sempre nos limites da felicidade absoluta e da tristeza e pesimismo infinitos, expresados dunha forma libre e na que se pretenden destacar palabras que ás veces ocupan só unha liña, para centrar ao lector, e á autora mesma, en todas as suxestións q ue pode producir esa verba. Este libro non é cómodo, pero leva en si o pracer de vivir na dureza das estremas, nunha fuxida continua dos grises, do morno, das medias tintas. Ou branco ou negro, xe ou brasa. Intensidade permanente....

Libros de interés da mesma colección
ANOITECE EN VULGARIA
15,00€ %
MOSCAS
15,00€ %
EMOVERE
12,00€ %
PESSOA E A SU SOMBRA
13,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
INTERVALOS
10,00€ %
PUTA
10,00€ %
GAIOLA ABERTA . ESCOLMA DE POESIA INFANTIL (1997-2017)
12,10€ %
AIRES DE POESÍA
10,00€ %