Datos do libro

AFOUTEZA CELTISTA
MANUEL BRAGADO

  • Editora LUSCOFUSCO EDICIÓNS
  • Materia NARRATIVA
  • Colección Varios
  • EAN 9791399166835
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 320
  • Tamaño 225x145x25 mm.
  • Peso 575 gr.
  • Data de lanzamento: 23/03/2026
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 25,00€

Sinopse

Este libro recolle un monllo de prosas celestes que o editor e mestre celtista Manuel Bragado compartiu nas tres últimas décadas. Escritas dende a urxencia da súa publicación inmediata e da ollada crítica dun abonado de Río Alto, dos que forman o lío, como desvelaba a foliada do grupo A Roda, recuperan do esquecemento algúns dos episodios máis destacados da historia celeste: a fundación centenaria, o significado das cores do vestiario, o carácter sagrado do estadio de Balaídos, a afouta sobriedade na obtención de grandes trofeos, a súa indiscutible competitividade na Primeira División, bautizada como afouteza, que o converteu no primeiro club de fútbol de Galicia, seguido en todo o planeta.

Textos escritos en tensión, coas emocións do seareiro e o espírito didáctico do profesor, sen perder a vontade de estilo nin a fala popular viguesa nin a retranca nin a hipérbole coa que se comparten xornadas celestes felices e outras de interminables padeceres celtistas. Crónicas de partidos dos adestradores das últimas décadas, nos que se dedica maior atención á revolución liderada por Claudio Giráldez, responsable da alquimia entre figuras experimentadas e promesas da canteira, que devolveu o club á competición europea e fixo estoupar un novo celtismo global e interxeracional.

Libros de interés da mesma colección
VIGO EN TRES PAISAJES
20,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
RASHÔMON E OUTROS RELATOS
14,50€ %
PENÉLOPE TECE
17,00€ %
O XARDÍN DAS SETE PORTAS
12,00€ %
O MISTERIO DO CUARTO AMARELO
19,00€ %