Opcións
Sinopse
Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir.
Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre.
A primeira novela de Marta Dahlgren revive, con gran sutileza, un tempo xa ido, de decadencia e esperanza.