Opcións
Sinopse
Unha historia visual para comprender o fracaso da paz en Palestina
Durante máis dun século a cuestión palestina parece unha ecuación de imposible resolución. Por que? Cales son as razóns desta guerra interminable? Segue a ser viable unha solución de dous Estados? É posible a coexistencia entre palestinos e israelís?
Baseado en dez anos de estudo e nas últimas investigacións históricas e xeopolíticas, este libro presenta un formato innovador: a escrita, precisa e accesible, combínase cunha representación visual da información que abrangue dende as ilustracións até as infografías.