Opcións
Sinopse
É estraño que un trazo característico das mulleres adultas , a aparición do pelo na pube e nos sobrazos , se considere un trazo masculino que debemos eliminar por completo para parecermos << fimininas >> . A presión para uniformar os corpos de nenas e mulleres ten que ver coa necesidade de facer recuar as mulleres ao imaxinario da menor de idade tutelada polo homes . Dicir que a depilación é unha decisión persoal pódenos dar unha certa sensación de liberdade , pero cando depilarse ten premio social e non depilarse atrae o castigo , tal decisión deixa de ser inocente e pasa a ser política .