Opcións
Sinopse
Ferroláns de seu recupera case medio cento das entrevistas máis destacadas aparecidas ao longo de catro anos no suplemento dominical Nordesía de Diario de Ferrol. Os periodistas José Gómez Fandiño e Nicolás Vidal escolman diversas charlas mantidas con escritores, artistas, actores, periodistas, músicos, médicos, profesores ou xente cunha biografía significativa. O fío de unión é a relación coa cidade de Ferrol e a súa comarca. Partindo de aí, cada un conta a vida e o seu traballo ao seu xeito, amosando unha grande riqueza profesional e humana. De Vari Caramés a Xosé Luís Torrado "O Bruxo", de Paula Vazquez a Mabel Rivera, de Alfredo Martín a María Manuela, Carlos Jean, Lorente de Castro ou Chao Rego, entre outros. O volume inclúe ademais as caricaturas orixinais eleboradas pola man mestra de Juan Veiga, ilustracións que enriquecen as palabras recollidas polos dous xoranlistas,