Datos do libro

OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA(Nº383)
MANUEL MONGE GONZALEZ

  • Editora LAIOVENTO S.L.
  • Materia ENSAIO
  • Colección CADERNOS ENSAIO
  • EAN 9788484874720
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 380
  • Tamaño 210x140x15 mm.
  • Peso 385 gr.
  • Data de lanzamento: 04/06/2020
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 29,95€

Sinopse

Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas e todo tipo de distincións que exaltan, honran e distinguen golpistas, franquistas e criminais. Fundacións franquistas; malfeitores e servidores da ditadura son premiados con títulos nobiliarios; a familia Franco conserva propiedades que roubou e recibe todo tipo de privilexios; policías torturadores conservan as medallas e incrementan a súa pensión pola actividade criminal na ditadura franquista. Todo isto xa foi denunciado en numerosas ocasións por organizacións internacionais e comisións de dereitos humanos da propia ONU, sen que esas denuncias fosen atendidas polo goberno. A permanencia da simboloxía franquista é unha exaltación das persoas que participaron en 1936 no golpe de Estado contra a República e das que formaron parte dos gobernos da ditadura, colaboraron ou ocuparon cargos de responsabilidade nas distintas institucións do franquismo.

Libros de interés da mesma colección
SILVA DE VARIA RECENSION
10,00€ %
TRES MIRADAS POETICAS
10,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
AS MULLERES NAS MATEMATICAS
16,55€ %
O SILENCIO DOS DEUSES;FILOSOFIA E LITERATURA
13,20€ %
XEOGRAFIA REAL E MITICA DAS AUGAS DE GALICIA
16,55€ %