Opcións
Sinopse
Os tóponimos ou nomes de lugar, as palabras que serven para designar entidades de poboación, accidentes xeográficos, propiedades agrícolas ou calquera elemento significativo da paisaxe, sexa natural ou de creación humana, constitúen unha parte fundamental do noso patrimonio cultural, herdanza colectiva transmitida de xeración en xeración no curso dos séculos.
Galicia posúe un verdadeiro tesouro na enorme riqueza da súa toponimia; así o veñen recoñecendo todos os especialistas, locais e foráneos, desde que no século XVIII o Padre Sarmiento chamara a atención sobre o número , a variedade e a antigüedade dos nosos nomes de lugar.