Opcións
Sinopse
Este libro é o cuarto volume da colección COMPOSTELA ILUSTRADA , un proxecto que naceu co ánimo de visibilizar as mulleres ilustradoras , e faino a través dunha acción no marco do camiño de Santiago . Reivindicamos as mulleres artistas e o seu espazo no mundo da cultura recollendo a súa experiencia no Camiño se Santiago nunha exposición , e cun libro que se edita cada ano coincidindo co Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada . Nesta edición , a asturiana Catalina Rodríguez Villazón realizou o Kumano Kodo , no Xapón , e mais o Camiño de Inverno , en Galicia . O resultado foron máis de cen acuarelas das que aquí presentamos unha escolma . Ambos os camiños , irmandados desde 1998 , son natureza , presente a cada pasao , e ao mesmo tempo separados por 11.000 quilómetros de distancia .