Opcións
Sinopse
-brese Sendas de Ons, o libro co que El Patito Editorial inaugura a Colección Illadas, cadernos de viaxe que axuntarán nun mesmo volume dúas visións de cada unha das illas galegas: a dun escritor e a dun astista plástico. Para os habitantes do continente, cando a auga era fertilizadora, bondade divina, o arquipélago foi lugar de peregrinación. Hai milenios diso, dende que Ons se representaba nos illarios transmitidos de voz en voz como manancial de vida e coiraza contra as tempestades destrutoras do Mar Maior.