Opciones
Sinopsis
Como os carballos e castiñeiros, o libelo "Herdeiros polo forza" ten tres partes: cerna, sámago e cortiza. A cerna é unha retranqueira crítica historiográfica dos modelos de xestión do patrimonio cultural que se sucederon desde o século XIX. O sámago é unha denuncia expresa da situación actual, na que unha elite de burócratas, técnicos, académicos e intelectuais marxina as comunidades locais e a cidadanía en xeral na xestión de bens patrimoniais públicos. Finalmente, a cortiza é unha alegación esperanzada a prol da participación activa da sociedade civil non só no goce do inmenso referente identitario que é o noso patrimonio cultural, senón tamén no proceso de construcción social do coñecemento sobre o noso pasado. Porque parafraseando a Stéphane Hessel:Herdar é preservar, preservar é resistir.