Opciones
Sinopsis
Este é un documento de consulta , desde un enfoque adoptado ás características do clima e do solo galegos , para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de producto químico , nin " mineral " , nin " sulfatos " , nada . Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta ; para aquelas que queren comer tomates sen teren que sulfatalos ; para estes que acaban de conseguir unha parcela no horto comunitario do concello . Tamén os que se dedican a isto da horta ecolóxica para venderen o froito do seu traballo atoparán aquí información útil , pero deben saber , con todo , que moitas ideas e prácticas descritas non son aplicábeis á produción comercial . A horta é para pasalo ben , facer exercicio e compartir cos veciños , as netas ou a parella . Este libro é pequeno , non pretendemos facer aquí unha enciclopedia . Por iso , a idea foi procurar dar información práctica e directa aplicábel , cunha redacción apropiada para un público máis ben novato .