Opciones
Sinopsis
Quen é o misterioso neno pantasma que des hai días intenta entrar en Vila Decadente ? Mortiña está desexando sabelo , pero o espectro non lembra nada ... nin tan sequera o seu nome ! . Ademais vai esvaecendo e , se continúa así , rematará por desaparecer completamente . E xusto agora na vila están a punto de celebrar a festa de Aninova Defuntiño . Xunto a Tristeiro , o seu inseparable can , Mortiña busca calquera pista que poida axudar a descubrir de onde vén o novo e pálido amigo : unha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora . O regreso da nena zombi máis divertida do mundo , cunha sorpresa a portada ilumínase na escuridade