Opciones
Sinopsis
Tara Westover , que naceu nas montañas de Idaho no seo dunha familia de mormóns fundamentalistas cuxo obxetivo era prepararse para a chegada da fin do mundo , tiña dezasete anos a primeira vez que entrou nunha aula . A súa familia vivía tan illada da sociedade convencional que non había ninguén que se preocupase porque os fillos acudisen á escola nin ninguén que interviñese cando un dos irmáns máis vellos se volveu violento . Tras o ingreso doutro dos seus irmáns na universidade , Tara decidiu probar unha forma diferente de vivir . O interese polo coñecemento transformouna e levouna a cruzar océanos e continentes , a Harvard e á Universidade de Cambridge . Só entón se preguntou se non se afastara de máis , se aínda podería encontrar o camiño de regreso á casa.