Opciones
Sinopsis
Chano Piñeiro é , por dereito , pioneiro do noso cine . El e mais Carlos Velo son os piares que sosteñen a súa historia . Con só seis películas , Chano gozou da encomenda de levar a nosa imaxe e a nosa lingua a través de catro continentes . Foi tamén quen lle puxo rostro á sangría da emigración e quen enxalzou a muller rural como baluarte da familia e da tradición , nun feminismo e nun ruralismo adiantados ó seu tempo . Este ano cúmprese un cuarto de século dende que xa non está connosco , pero Galicia debería lembrar máis ca nunca a quen tanto teimou para que o cine galego e en galego estivese á altura que lle corresponde a unha cultura milenaria ameazada hoxe por unha globalización mal entendida que pretende uniformalo todo en lugar de lle dar prelación ó que a propia cultura ten de plural ...