Opciones
Sinopsis
Esta é a historia máis íntima e gráfica dun Café centenario: o Café Derby de Santiago de Compostela. Aberto en 1929 e en funcionamento ata o ano 2020. Unha obra ilustrada con máis de 130 fotografías, ilustracións e documentos de época, moitos de eles, inéditos. Ademáis, inclúe numerosas anécdotas e os testemuños de varias xeracións de persoas habituais deste establecemento, protagonistas de inesquecibles faladoiros. Nos anos 30, no Café Derby tiña mesa reservada don Ramón del Valle Inclán.