Opciones
Sinopsis
Xosefina Lopez de Serantes nacéu na Coruña, e nista cidá mora inda hoxe. Dende moi nova, sintíu afición pola literatura, arte que cultivóu en xornás, revistas, conferencias, traballos radiofónicos, etc.
Toda a súa produción literaria -que é moita- faina en lingua castelá, inda que moitos dos temas señan galegos, como é o caso de Benito Vicetto, novela biográfica que se vai espallar moi axiña, pois descobre un personaxe do sécolo pasado que hoxendía lamentablemente é descoñecido por case todo o pobo galego, sendo Viceto o precursor do noso NACIONALISMO.
Ten pubricadas outras seis novelas, biografías e contos dos que moitos foron premiados en concursos no xornal "El Ideal Gallego", "La Región", "España de Tanger", "Xogos Florales de Oleiros", Fenosa", Radio Nacional de España na Coruña, Radio Barcelona, etc