Opciones
Sinopsis
Un lugar:Quilmas, ao pé do Monte do Pindo, en Carnota.
Unha muller: Ceferina, para moitos a cousa de toda desgraza.
Un tempo: Arredor de Ceferina, os homes, aos que lles toca vivir un momento histórico dramático, o que segue ao levantamento militar contra a República en 1936.
O Conto de Quilmas é un percorrido por momentos, lugares, persoas e, sobre todo, voces que volven á vida, ou se aferran a ela, a través desta narración, que é foito dun traballo de recopilación de palabras e expresións que -triste e inevitablemente- se están a perder por antr'a bruma do mar da memoria.