Opciones
Sinopsis
Santos andadeiros e mouros subterráneos, touros asisados e arrepiantes dragóns, raíñas arteiras, reis durmintes e bispos algo atravesados. Todos converxen no universo mítico da comarca de Santiago de Compostela. Esta pequena compilación mergúllase nunha variedade de textos históricos, códices e achegas orais, á procura de todos estes relatos, coa idea de lembrar unhas lendas e descubrir outras. Para, en fin, disfrutarmos desta riqueza, e para constatar unha obviedade: temos moito conto.