Opciones
Sinopsis
Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Descobre a cidade con 18 anos, durante unha viaxe de estudos por Galicia, e axiña escribirá: "Esto me hipnotiza". Regresará a Compostela tres veces máis, todas no ano 1932, ben como conferenciante, tamén como director de La Barraca e sempre como famosísimo poeta. En Santiago será recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.
O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade nun detido relato a modo de crónica que revive este días únicos. Tamén recolle as impresións do poeta cando regresa a Madrid, ou durante a súa estadía en Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo.