Opciones
Sinopsis
A calidade analítica, a pescuda crucial e, en moitos casos, a "novidade"na interpretación das "ardentes estrofas" de Eduardo Pondal, levaron a Edicións Espiral Maior a propor a edición dun libro que fose mostra ben escolleita do traballo realizado por relatoras e relatores ao longo dun ano de intensa actividade no Seminario Eduardo Pondal XXI de Carballo. E velaquí temos "Dun poema as ardentes estrofas. Visións arredor da obra de Eduardo Pondal" unha obra colectiva na que participan Paula Cousillas, Dolores González de la Peña, Marcial Tenreiro Bermúdez, Miguel Ángel Martínez Quintanar, María Teresa Angeriz, Antonio Andrade, Afonso Xavier Canosa Rodrigues e Luís G.Soto.