Opciones
Sinopsis
<< Como amar o imperfecto, se escoitamos a través das cousas como nos chma o perfecto ?>>, di Roberto Juarroz, en Como amar o imperfecto. As cousas, a vida e as historias son imperfectas. Estas, as de Comida para gatos e outras delicatessen indixestas, navegan entre a imperfección e as ganas de ser aceptadas, de atopar complicidades, acubillo. Dez relatos sobre desexos e desexos reprimidos, sobre traizóns e culpas, sobre a procura incansábel do amor, a loita por atopar un lugar no mundo e unha ches de continxencias que modelan a condición humana.
Un ramallete de contos xuntados por vocación propia, que narran sentimentos de frustración, de soidade, de tristeza e tamén de xustiza poética e de esperanza. son como pequenas goatas que se van engadindo ao vaso, até que desborda. Un desborde contido e elegante, mais un desborde que nos propón outras maneiras de mirar, de ulir, de sentir, de afrontar as circunstancias en tempos de chimpos ao baleiro. En tempos nos que o volar da ollada é vital para mudar de dirección.