Opciones
Sinopsis
Ola! Son JIMMY e estou vivindo unha Apocalipse Zombi
totalmente estraña!
Todo o mundo anda Bruando e Babando por todas partes! E resulta que atopar unha cura para devolver as Vacas Zombis á normalidade non é tan doado como parecía.
Aínda así, os meus amigos e mais eu non perdemos a esperanza! Estamos seguros de que O Meu Can, Oso, e a súa baba Superespecial son a clave para arranxar esta lea...
CRUECEMOS OS DEDOS!