Opciones
Sinopsis
Que significaba morrer na Idade Media? Os prantos galegoportugueses
amósannos un conxunto de prácticas culturais nas que
a morte non era só un feito biolóxico, era tamén un acto social,
político e artístico.
Estes poemas musicados, creados no ámbito cortesán e relixioso
para conmemorar a morte dunha persoa, con ecos na tradición
popular, transmiten unha pluralidade de voces e revelan como se
construían formas colectivas de memoria, identidade e poder. Neles
recoñecemos non só a dor e o consolo, senón tamén a súa
sofisticación estética, encargos dinásticos para afirmar liñaxes,
exercicios de memoria colectiva ou formas de devoción.
Redescubrilos hoxe é unha oportunidade para volver a un tempo no
que a morte se representaba, cantaba e ritualizaba para dotala de
sentido, deixando un legado literario, lingüístico e emocional que
segue a interpelar a nosa sensibilidade contemporánea.