Datos del libro

FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR HUMANISTA INNOVADOR E DIRECTOR DUN INSTITUTO MODELO (PONTEVEDRA,1939-19
GERMÁN MANUEL TORRES DE ABOAL

  • Editorial UNIVERSIDADE DE VIGO
  • Materia BIOGRAFIAS
  • Colección FÓRA DE COLECCIÓN
  • EAN 9788411880787
  • Estado Disponible
  • Encuadernación Tapa blanda
  • Páginas 267
  • Tamaño 240x170x20 mm.
  • Peso 535 gr.
  • Fecha de lanzamiento: 06/03/2026
  • Idioma: Galego
Imp. incluidos 13,00€

Sinopsis

O libro Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun instituto modelo (Pontevedra, 1939-1976) de Germán Manuel Torres de Aboal, trata dunha biografía intelectual e educativa do profesor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Baseado na súa tese doutoral, dita obra fai unha descrición pormenorizada e unha análise da función docente e directiva desempeñada por Filgueira Valverde no Instituto de Pontevedra, que foi declarado instituto modelo en 1957 e no que o profesor Filgueira, durante moitos anos, desempeñou un labor digno de consideración.

O estudo basease nunha fonda investigación básica de carácter cualitativo, por medio da indagación arquivística e documental, dos que destacariamos tres arquivos: o arquivo documental e gráfico do Museo de Pontevedra, o arquivo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e o arquivo da Universidade de Santiago. Manexáronse, pois, as fontes primarias, secundarias e terciarias. Tamén coa consulta dunha abondosa bibliografía. Destacar a importantísima colaboración da familia Filgueira-Iglesias que en todo momento nos facilitou o acceso a canta documentación, bibliografía, documentación gráfica e información nos foron necesarias e útiles. O autor agradece tamén a autorización da familia para utilizar todos os materiais aos efectos da tese e das publicacións sobre o profesor Filgueira Valverde.

Despois da revisión da ampla documentación manexada, chegamos á conclusión de que o profesor Filgueira Valverde foi un docente humanista innovador polo seu labor docente e directivo. No seu instituto tiña moita importancia unha educación que transcendía o muro das aulas polas actividades educativas e culturais que se desenvolvían no Instituto de Pontevedra nesta etapa histórica.

Filgueira Valverde pretendía un ensino activo e creativo da lingua e da literatura, promovía a lectura e a escritura, os comentarios de texto, as conferencias, as declamacións, a utilización do teatro escolar, do cine e daba moita importancia á música, á educación física e ao deporte, ás excursións.

Libros de interés de la misma colección
NI POCAS NI COBARDES
10,00€ %
RELOADING AND UNLEASHING CULTURAL STUDIES
12,00€ %
LITERATURA GALEGOASTURIANA
15,00€ %
BEOWULF
10,00€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos
OND ' O SOL FACHEABA Ô AMAÑECER
20,00€ %
AS IMAXES DE CASTELAO [FOTOBIOGRAFIA]
3,00€ %
AS IMAXES DE CASTELAO
5,00€ %
ALFONSO DANIEL CASTELAO
3,00€ %