Datos del libro

A LINGUA GALEGA NO CANCIONEIRO DE PEREZ BALLESTEROS
XOSE MANUEL SANCHEZ REI

  • Editorial LAIOVENTO S.L.
  • Materia <Genérica>
  • Colección COLECCION XERAL
  • EAN 9788484870920
  • Estado Disponible
  • Páginas 454
  • Tamaño 210x140x mm.
  • Peso 646 gr.
  • Idioma: Galego
Imp. incluidos 29,95€

Sinopsis

A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, é publicado o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, sen por tanto intervir o colector nos trazos da lingua, constitúen tales estrofes un magnífico expoñente de como era a oralidade galega do decembrar decimonónico.

O estudo lingüístico do cancioneiro que agora Edicións Laiovento dá a lume, elaborado por Xosé Manuel Sánchez Rei, servirá para nos aproximarmos, cunha notábel dose de verosimillanza, das características do galego oral popular da época, e en especial da actual provincia coruñesa. Mais, igualmente, tamén coadxuvará na recuperación de casuísticas e xiros gramaticais usuais na altura, os cales hoxe, por factores totalmente alleos á lingua, se achan, non raro, nunha situación crítica de esmorecemento. E, en harmonía co desexo do autor e de Laiovento, eses trazos lingüísticos xenuínos presentes no cancioneiro e analizados nesta obra farán, con certeza, mellorarmos a calidade da lingua empregada na actualidade

Libros de interés de la misma colección
MARIA MARIÑO .NO RONSEL DAS ESCRITORAS GALEGAS
10,00€ %
(ANT. ED.)PROSAS DE COMBATE E MALDICER
11,80€ %
PONDAL: DO DANDYSMO A LOUCURA
24,95€ %
INFORME BESTIARIO
5,80€ %
Libros de interés de la misma materia
Libros de la misma temática más vendidos