Opcións
Sinopse
Soubo que era muller dun só instante , e todo o demais era perdio . Instantes que non perduran enternamente , que se esvaen , como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca . Momentos que non volven , e era absurdo tratar de retelos , porque non é posíbel . Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos , e pediu a morte de veras decatándose do que era , e esta chegoulle un día de outono , deitándoa espida sobre da herba . Alí ficaba Carla , núa , serena , coma unha deusa nun cadro de Boticelli , co mirar escuro de desamparo . Carla , soa e espida , gozou canto menos do seu instante final naquel lugar . Fechaba os ollos entregándose mentres dúas folliñas de bidueiro lle caían no ventre , naquel ventre de deusa e de mármore rosáceo, naquela exquisita maneira de entregarse á mesma morte coa vida toda latexándolle nas mans . Entregada , núa , tal e como ela concebira a beleza por primeira vez , naquel outro corpo , no dor da súa visión , no desacougo daquilo que lle atraera tanto , cando ela se iniciaba ao mundo a través dusn ollos aínda inocentes , cando a pebida do sentir prendera nela , cando Carla se iniciaba no desexo , daquela , hai tempo , cando non souba xa saír daquel lugar , atrapada , cando finou en si , cando Carla aínda ignoraba que era xa un ser dun só instante .