Opcións
Sinopse
La cittá dei bambini editouse por primeira vez a finais de 1996 para presentar unha nova filosofía de goberno da cidade. Tomaba os nenos como elemento clave e mostraba como modelo os primeiros seis anos de experiencia en Fano (Italia). Desde aquela o autor impartiu máis dun cento de conferencias en distintas cidades de Italia, España, Arxentina, Colombia, México, Perú, Uruguai e Chile. Creouse unha rede internacional á que se foron sumando máis de 200 cidades. Nestas cidades puxéronse en marcha distintas experiencias, déuselles a palabra aos nenos e leváronse a cabo proxectos elaborados por eles.