Opcións
Sinopse
Fronte ao modelo escolar tradicional , J. Dewey , un dos máximos mentores da Escola Nova , propón unha escola progresiva . Este modelo toma en consideración os impulsos , as necesidades , os interrogantes e intereses do alumnado , así como a interralación do coñecemento escolar coa contorna , a unidade entre o sber e o facer , e o papel propositivo dos profesores. Experiencia e Educación ( 1938 ) está considerada como a mellor síntese que sobre a educación publicou John Dewey , recoñecido como o maís preeminente teorizador da educación no século XX. Este texto , que foi escrito dúas décadas despois de Democracia e educación ( 1916 ), mostra a reformulación das ideas de Dewey , propiciada tanto polas experiencias prácticas levadas a cabo en escolar progresivas como pola reflexión que suscitaron as diversas críticas ás súas formulacións .