Opcións
Sinopse
Chámome Noa e o meu mundo está a morrer. Sei que non é un bonito comezo, pero é a verdade.
Os meus pais e mais eu tentamos fuxir na procura dun lugar mellor fóra da Urbe. Non obstante, os axentes da Corporación deron connosco e agora atópome perdida neste perigoso lugar coñecido como a Rexión Exterior. Na compaña do meu can Martín, debo percorrer un longo camiño até unha misteriosa illa coa encomenda de entregar o que, talvez, sexa o obxecto máis importante do mundo, un legado que me deixaron os meus pais e que podería cambiar o futuro.
Esta é a historia desa incríbel viaxe.