Opcións
Sinopse
A música vertebra e estrutura esta Banda Sonora Orixinal, por cuxa partitura discorren a modo de notas discordantes unha serie de personaxes cun certo pasado pero cun incerto futuro, sempre tentando encaixar nos espazos e nas liñas xustas do pentagrama.
Unha estructura traballada con prosas que se ensalzan entre si, dando o final dunhas pé ao comenzo doutras de xeito que os distintos capítulos, pequenos fragmentos dunha mesma historia pero sempre cosidos polo fío da música, sendo o cine o outro eixo esencial desta obra.
Unha unión entre a música e o cine nun marco xeografíco particular e nun contexto social moi concreto, que fai ás veces de fonte de inspiración esencial para unha novela marcada pola calidade e eficiencia da súa escrita nunha intelixente integración de abondosas referencias ao mundo musical e cinematográficas.