Opcións
Sinopse
(...) Para min foi a pinga que encheu o vaso. Varios días estiven pensando no pasado: o verán do amor do 67, a psicodelia, os Beatles... ¿Fora todo aquilo unha ilusión? Non o sei, pero estaba convencido de que, se me comprometía, as cousas poderían cambiar. Tiña que render tributo a eses tempos, non podía claudicar, os meus alumnos necesitaban un sopro de osíxeno para prender a chama que todos levaban dentro, e eu debía dárllelo. Dende ese momento fun consciente do que tiña diante cada día do meu traballo. Debía tratar de evitar outros "Danis". Prohibinme, entón, o luxo de desanimarme, e con esa idea continuei ata xubilarme.