Opcións
Sinopse
En Catorce retratos de muller atopamos o último e máis maduro Antonio Colinas , aquel que procura a depuración da linguaxe dun xeito extremo e a presenza dun tema , o da muller, que vén a ser un vizoso e potente símbolo esparexido por toda a súa obra ; símbolo de significación múltiple reflectida en cada un dos poemas aquí recollidos. Estes poemas , que agora aparecen de forma autónoma e íntegra , en coidada versión galega , foron motivo de varias análises , asi como de achegas desde o campo da Arte , como a que fixo cos seus gravados o arquitecto e pintor belga
Cees Lenartes .