Datos do libro

POÉTICA MUSICAL
Fiódorovich Stravinski, Ígor

  • Editora ALVARELLOS EDITORA
  • Materia DIVULGACION E ENSAIO
  • Colección OESTE DIVULGACION E ENSAIO
  • EAN 9788418567148
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 168
  • Tamaño 230x130x15 mm.
  • Peso 265 gr.
  • Data de lanzamento: 23/11/2021
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 17,50€

Sinopse

Presentamos, traducidas por vez primeira ao galego e directamente desde os textos orixinais, as célebres conferencias pronunciadas por Ígor Stravinski na Universidade de Harvard no curso 1939-40. Cando se cumpren 50 anos do seu pasamento (Oranienbaum, 1882- Nova York, 1971), un dos músicos máis relevantes do século XX é estudado a fondo e traducido polo tamén músico, investigador e doutor en Comunicación Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983). O resultado é esta vibrante e inspiradísima Poética musical en forma de seis leccións.
Estas conferencias foran publicadas inicialmente en 1942 en lingua francesa, e deron lugar a varias edicións posteriores, empregadas por Javier Ares Yebra para esta versión galega, na que tamén acudiu, entre outros, aos manuscritos do propio Stravinski, redactados en francés con pasaxes en ruso, o que engade un valor especial a esta tradución.
Así mesmo, este volume inclúe un revelador estudo introdutorio que explora a relación do compositor ruso coa cultura galega. En concreto, a súa amizade co lucense Xesús Bal y Gay e a súa influencia no betanceiro Carlos López García-Picos.
No pensamento estético de Stravinksi destaca a noción da arte como o contrario do caos. A Poética musical é un texto enormemente sedutor, unha delicia para calquera amante da música e das artes, e un gozo de lectura.

Libros de interés da mesma colección
COMPOSTELA COMO DESEXO
14,50€ %
GALIZA E FEMINISMO EN EMILIA PARDO BAZAN
17,50€ %
CARTAS DE UN CONDENADO A MUERTE
18,50€ %
¡ VIVA LA LIBERTAD !
21,90€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
PERFORMANCE ACTUACION EXTRAÑA EN LA QUE APLAUDES SIN ENTEND
15,00€ %
RICARDO CARVALHO CALERO UMHA VOZ NA GALIZA
16,00€ %
BURBIDA.AS ORIXES DE VIGO
15,00€ %
EZKABA.GALEGOS NA GRANDE EVASION(PAMPLONA,22 DE MAIO 1938)
16,00€ %