Opcións
Sinopse
Digamos que as circunstancias adversas que padece a sociedade e, sobre todo, o liberalismo selvático ao que nos entregou unha clase política non moi responsábel, propiciou que os ricos sexan cada día máis ricos, a base de deixar sen alento os máis desfavorecidos, por non dicir a pobres e necesitados, que arrastran á máis absoluta indixencia.
As poetas e os poetas saen da súa área de confort e séntense en irmandade pondo a súa palabra na praza solidaria.