Opcións
Sinopse
Dril e Gat viven no val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustendo dos demais. O mellor de todo é que a través dos cristais do Val vense as estrelas máis fermosas.
Porén, algo terríbel acontece e de súpeto acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman a Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facerlle fronte.
Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.