Datos do libro

O BENSHI DE GALICIA
MANOLO GONZÁLEZ

  • Editora ALVARELLOS EDITORA
  • Materia DIVULGACION E ENSAIO
  • Colección OESTE DIVULGACION E ENSAIO
  • EAN 9788418567445
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 223
  • Tamaño 230x130x12 mm.
  • Peso 340 gr.
  • Data de lanzamento: 14/07/2023
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 19,50€

Sinopse

O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto (Alvarellos Editora) de Manolo González, relata a insólita e descoñecida historia dun crego que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita... e inaudito director de cine. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity.
En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi
singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (hoxe, perdida). Con ela xirará por América en 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, en cada proxección, narrando ao público –de emigrantes galegos, principalmente– os contidos do seu filme, exercendo o papel dun verdadeiro «benshi», esa figura capital do cinema mudo xaponés, que explicaba a trama a unha audiencia moitas veces analfabeta. O Benshi..., que está ilustrado con cen fotografías e documentos moi descoñecidos, descóbrenos a peripecia existencial dun home cuxa vida é realmente a trama dunha verdadeira película, na que por certo participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX.

Libros de interés da mesma colección
CANITROT. CEN ANOS DE ESQUECEMENTO
14,00€ %
SALON TEATRO.CORAZON DO ESPECTACULO
18,00€ %
A PROCURA DA POESIA.VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA
24,00€ %
50 CAFES HISTORICOS DE ESPAÑA Y PORTUGAL
24,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
PERFORMANCE ACTUACION EXTRAÑA EN LA QUE APLAUDES SIN ENTEND
15,00€ %
RICARDO CARVALHO CALERO UMHA VOZ NA GALIZA
16,00€ %
BURBIDA.AS ORIXES DE VIGO
15,00€ %
EZKABA.GALEGOS NA GRANDE EVASION(PAMPLONA,22 DE MAIO 1938)
16,00€ %