Opcións
Sinopse
A paisaxe sonora das montañas orientais da Galiza non se pode entender sen a singular presenza da trompa ou birimbao, instrumento de grande difusión internacional, que conta con testemuños do seu uso ao longo da historia, dende as músicas tradicionais do afastado Oriente até concertos escritos ad hoc na música clásica europea.
O magnetismo de Herminio Villaverde, como músico e
personaxe, fascinou ao autor desde o seu primeiro encontro na aldea de Fonfría, en 1990. Tres décadas despois, o musicólogo Javier María López sorprende con este estudo que indaga nas prácticas culturais na Fonsagrada desde unha perspectiva histórica, atendendo ao repertorio, tipoloxías, técnicas de
execución, intérpretes e artesáns máis significados deste instrumento. Este volume, a primeira gran monografía sobre a trompa na tradición musical galega, resulta imprescindible paraentender e perpetuar este legado.