Datos do libro

HISTORIAS PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA: ILLA DAS ESCULTURAS
SANTIAGO LOPO

  • Editora EDITORIAL ELVIRA
  • Materia NARRATIVA
  • Colección HISTORIA PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA
  • EAN 9788412800630
  • Estado Disponible
  • Encadernación Tapa blanda
  • Páxinas 64
  • Tamaño 210x140x5 mm.
  • Peso 130 gr.
  • Data de lanzamento: 12/12/2023
  • Idioma: Galego
Imp.incluídos 11,00€

Sinopse

A Illa do Covo, topónimo como se coñece a insua formada na xunqueira do Lérez, muda en Illa das Esculturas no contexto do ano Xacobeo 99. O proxecto xorde para incorporar o borde urbano ao centro histórico e cultural de Pontevedra, e a illa convértese nunha extensión ao ar libre do Museo Provincial.

A Illa das Esculturas baséase nunha simbiose entre medio ambiente e paisaxe, desenvolvendo un diálogo co espazo natural e a creatividade artística. Estas mesmas premisas guiaron os autores e autoras das obras, de tal xeito que, as esculturas animan a cidadanía a adoitar unha nova ollada do seu tempo de lecer, pondo en relación natureza e arte.
Todas as intervencións teñen como fío condutor a pedra de granito que xunta a tradición canteirá da bisbarra coa modernidade e cultura galega. A insua do Covo intégrase na malla urbana de Pontevedra para reconstruír o espazo en desuso nunha paisaxe cultural de referencia e modelo de desenvolvemento urbano sostible.

A pantasma da insua: de mañá cedo mentres fai exercicio, o protagonista olla uns códigos qr pegados ás esculturas da insua. A través deles accede a un podcast, que na primeira impresión parece aburrido. Porén, decátase que a voz metálica da gravación coñece moitas situacións da súa intimidade que só el sabe. Violación da intimidade nas redes sociais? Imposible, non é usuario. Mais ben, semella cousas de pantasmas...

Libros de interés da mesma colección
11,00€ %
HISTORIAS PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA:LÉREZ
11,00€ %
Libros de interés da mesma materia
Libros da mesma temática máis vendidos
RASHÔMON E OUTROS RELATOS
14,50€ %
O XARDÍN DAS SETE PORTAS
19,90€ %
O MISTERIO DO CUARTO AMARELO
18,00€ %
ANICETA / LA TOPITA CIEGA
20,00€ %