Opcións
Sinopse
Tratado para ollomolos é un álbum de poesía visual no que se dan a man a fotografía e o pé de foto. O poeta cede a palabra ao fotógrafo amateur que sen prexuízos e sen pretender demostar dominio técnico sobre a arte de atrapar a ollada, quere amosar a alma das súas creacións: as pequenas intervencións na natureza ou no entorno, os xestos chaplinescos, obxectos de natureza composta comon algunhas palabras. Como ollomoles. Vivos. Polisémicos. Onomatopeicos. Metáforas. Paradoxos. O reloxo detido ao sol que dá a hora. Espelllos virados que amosan a cara oculta. Un libro que agarda na escuridade a que alguén acenda a luz para recuperar a cor e as palabras. Así o atopará a lectora ou lector que abra estas páxinas, apagado, como cando se entra por sorpresa nun cuarto. E así quedará ao fechalo. Unha invitación permanente a desevelar o misterio. Acender a luz. Obxecto do libro. Tamén o libro como obxecto.